0

Un alieníxena azul no Colexio San Jorge

CVC-0792

Cando xa estaban collendo impulso para atravesar a estratosfera, alguén os detivo: un alieníxena azul chamado Bluexín. 

Cunha pistola de pompas atacounos e encerrounos nunha delas.

Bluexín levounos ao planeta XXL e meteunos nunha cela.

Papelín e Toalliña intentaron convencelo para que os liberase, pero Bluexín non cedía. Entón ensináronlle a bomba por entre os barrotes da cela e asustárono para que os deixase saír. Empezaron a falar:

- Temos unha bomba e pode explotar en calquera momento. – Dixéronlle os dous amigos.

- Moi ben, ceivareivos, pero a cambio dun anaquiño do teu papel. 

Papelín deulle o anaquiño de papel e Bluexín liberounos.

Moito lle dan á cabeza no Colexio San Jorge! E inda tiveron tempo de escoller as ilustracións do conto final: a de Noa MF da Milagrosa e mais a de Mara Prieto Rey do mesmo San Jorge. Moitos parabéns, artistas!

Hoxe levamos esta historia intergaláctica a Vite, a ver que nos depara a mañá!

0

Á Galaxia Plutonio coa valente Supertoalliña!

Nuria Blanco MourePapelín Papelón era un superheroe, pero non sabía nada de desactivar bombas. Entón chamou a Supertoalliña para que lle axudase a levar a bomba ao depósito de bombas que estaba nunha galaxia moi distante onde non vivía ninguén: a Galaxia Plutonio! Ían chegar alí empregando as súas botas propulsoras.

Así continuaron o conto o pasado luns as nenas e nenos do CEIP Pío XII pola mañá e do Colexio A Milagrosa pola tarde.

Moitas novidades nos trouxeron… Unha afouta compañeira para Papelín, unha galaxia descoñecida e mesmo un supercomplemento de moita utilidade: botas propulsoras! Isto ponse interesante…

Ademais, escolleron os debuxos de Ariadna do Divino Mestre e de Nuria Blanco Moure do Pío XII.

Hoxe o conto viaxa ata o Colexio San Jorge nunha sesión dobre que seguro que non decepciona.

0

O Divino Mestre pon en perigo a Cidade da Cultura!

CVC-0526

O mércores pasámolo moi ben coa rapazada do CPR Divino Mestre. Traballaron e discurriron moito. Queredes saber como continúa o conto? Pois mirade, mirade:

Unha mañá que estaba a vixiar a cidade, atopou unha bomba na Cidade da Cultura cun temporizador que poñía que ía estourar en dúas semanas se non se impedía!

Esa é unha misión para Superpapelín! Que fará para evitar que a bomba estoure? Habémolo saber hoxe despois de pasar polo CEIP Pío XII e polo Colexio A Milagrosa.

No Divino Mestre escolleron tamén o debuxo que ilustrará o conto final de entre todas as artistadas que fixeron no Colexio Nosa Señora dos Remedios: este papelín costureiro de Elena Lago López.

0

Papelín xa é indestrutible!

Hoxe o noso conto inda dou unha voltiña! Pola mañá volvemos ao López Ferreiro, onde a rapazada nos explicou como descubriu Papelín Papelón os seus superpoderes:

Descubriu os seus superpoderes un día que un neno foi á ducha e saíu toda a auga por fóra. Papelín mollouse, pero viu que non se destruía.

E tiveron a responsabilidade de escoller o aspecto do noso supereroe, este rolo de papel tan alegre que debuxou onte Sonia Martín Casal:

Pola tarde achegámonos ao Colexio Nosa Señora dos Remedios, onde nos contaron como se desprazaba o noso protagonista pola cidade para protexela do mal:

Entón cortou unha toalla vermella e fixo unha capa e un antifaz e comezou a desprazarse pola cidade empregando o seu túnel secreto: lanzaba un extremo de papel ao váter, tiraba pola cisterna para impulsarse polo sumidoiro e saía á rúa.

Desta volta escolleron o debuxo de Iria Toimil Estévez, do López Ferreiro:

Mañá andaremos polo CPR Divino Mestre continuando esta aventura.

0

Comeza o Conto viaxeiro 2016!

DSC_0315DSC_0315

Hoxe botou a andar no CEIP López Ferreiro un novo conto viaxeiro. As nenas e nenos de 4º de Primaria crearon o personaxe principal, un supereroe moi, moi familiar :D  Así comeza o conto viaxeiro deste ano:

Nun superváter supercaro vive o supereroe Papelín Papelón, un rolo de papel hixiénico que protexe a cidade lanzando papel.

As compañeiras de 3º van continuar a historia mañá pola mañá e pola tarde é a quenda do Colexio Nosa Señora dos Remedios. Seguro que lle han dar moi boa traza!.